Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
Traballar con calor, INSHT
14/7/2014 INSHT
Cada verán moitos traballadores son vítimas da calor, especialmente aqueles que desenvolven a súa actividade ao aire libre. Certos traballos en obras públicas, en construción, ou en agricultura, levan a exposición dos traballadores a temperaturas moi elevadas nos meses máis calorosos. A tensión térmica por calor pode orixinar diversos danos á saúde, desde cambras, deshidratación, esgotamento por calor ou golpe de calor. Este último é irreversible, de suma gravidade e pode chegar a ocasionar a morte. Por iso, é fundamental que, tanto traballadores como empresarios, tomen conciencia do risco de traballar con calor.
ANSES Avaliación de riscos asociados a nanomateriais
10/7/2014 Hixiene
Nun informe publicado en maio, a ANSES (Agence nationale de sécurité sanitaire de l’alimentation, de l’environnement et du travail) sinala os riscos certos pero difíciles de avaliar dos nanomateriales e pide un reforzo da normativa europea. O informe do grupo de expertos sobre os nanomateriales dá por seguros os "efectos tóxicos dalgúns nanomateriales nos organismos vivos e o medio ambiente." Aínda que o risco varía moito dependendo das características físico-químicas de cada nanomaterial, o avance do coñecemento permite asegurar que os nanomateriales son capaces de franquear certas barreiras fisiológicas, teñen efectos sobre o sistema nervioso dos animais, persisten nos organismos vivos e algúns deles teñen efectos carcinoxénicos ou xenotóxicos e causan atraso no crecemento.
manipulación manual de cargas
9/6/2014 Ergonomía
O método orixinal está publicado polo HSE (en inglés). Este método de avaliación ten a vantaxe sobre a ecuación NIOSH que permite avaliar as manipulacións de carga realizadas por máis dun traballador.
Estudio técnico de xurisprudencia en materia de prevención de riscos laborais
15/5/2014 IRSS
O estudo, que foi promovido polo Instituto Rexional de Seguridade e Saúde no Traballo (IRSST) pretende aproximar os dous aspectos fundamentais da prevención de riscos laborais, o técnico e o xurídico. Para iso, efectuouse unha lectura técnica dos diversos procedementos e mecanismos de esixencia de responsabilidades legais, centrándose con carácter específico no sector da construción.
Prevención en clave internacional
30/4/2014 Actuación preventiva
O documento "Prevención en clave internacional. 2012" publicado pola Federación Asturiana de Empresarios (FADE) recolle as obrigas empresariais no ámbito da prevención de riscos en México, Chile, Brasil, Polonia, Rumanía e Marrocos, co fin de facilitar ás empresas un maior grao de coñecemento do mercado laboral exterior e, en concreto, da normativa en prevención de riscos laborais e das súas obrigas neste ámbito. FACE publicou recentemente unha segunda guía "Prevención en clave internacional. 2013", incluíndo esta vez os seguintes países: Perú, Colombia, Panamá, Arxelia, Sudáfrica, Reino Unido, Francia, Brasil, México e Chile.
Portal Sector Marítimo Pesqueiro
24/4/2014 INSHT
A pesca mariña atópase entre as actividades laborais máis perigosas do mundo. A Organización Internacional do Traballo (OIT) e a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) estiman que o 7% das vítimas mortais de accidentes laborais que se producen no mundo ocorren na industria pesqueira, a pesar de que este sector representa menos do 1% da forza laboral mundial. A OIT estima que o traballo neste sector cóbrase a vida dunhas 24.000 persoas ao ano en todo o mundo. No Estado español a pesca mariña presenta unha das taxas de accidentes laborais máis elevadas.
NTP
14/4/2014 INSHT
O INSHT publicou recentemente a primeira da serie 29, da colección de Notas Técnicas de Prevención, que comprende os números 996 a 1007.
Nanogenotox
9/4/2014 HIXIENE
O emprego de nanomateriais nos lugares de traballo é cada vez máis frecuente. Os efectos que para a saúde e o medio ambiente ten o seu uso nos lugares de traballo son pouco coñecidos e en moitos casos non hai estudos sobre este particular. Nesta nova relacionanse varias iniciativas sobre nanomateriais.
Guía riscos psicosociais organizativos
9/4/2014 OSALAN
A guía está destinada a todos aqueles profesionais que se dedican no día a día a implantar a cultura da prevención. Un dos obxectivos é cubrir o baleiro de textos que existe na área da prevención dos riscos psicosociais, dende a convicción de que a mellora da preparación dos técnicos que interveñen na prevención dos riscos psicosociais redunda sempre nun incremento da súa protección e a daqueles traballadores que están expostos a sufrir algún tipo de risco psicosocial.
Perigo, produtos químicos
8/4/2014 AXENCIA DO MEDIO, EUA
Na década de 1990, algúns científicos propuxeron que certas substancias químicas poderían estar a alterar os sistemas endócrinos dos seres humanos e a vida silvestre. Demostrouse que distintos produtos químicos perturban o sistema endócrino dos animais en estudos de laboratorio, e existen tamén evidencias convincentes que mostran que os sistemas endócrinos de certos peixes e a vida silvestre víronse afectados polos contaminantes químicos, dando lugar a problemas de desenvolvemento e de reprodución.
Guía risco psicosocial
8/4/2014 PSICOSOCIAL
A Asociación Española de Especialistas en Medicina do Traballo (AEEMT) publicou na súa páxina web a Guía de Recomendacións para a vixilancia específica da saúde dos traballadores expostos a factores de risco psicosocial.
Guia substancias químicas
2/4/2014 HIXIENE
No ano 2011 a axencia alemá do medio ambiente publicou unha guía para pequenas e medianas empresas sobre uso sostible de substancias químicas, en febreiro de 2014 unha nova publicación vén a complementar a anterior expoñendo dous casos reais de aplicación da guía en senllas empresas, destacando as dificultades encontradas e as solucións a estas.
Seguridade e saúde na educación infantil
28/3/2014 INSHT
O texto achega indicacións claras para a formación, especialmente na vertente "transversal", dos alumnos na súa primeira asistencia á escola, momentos nos que as actitudes se forman de xeito permanente. Foi elaborado por unha serie de mestres e mestras que teñen práctica na formación a moi curtas idades partindo da técnica máis elemental para lograr unha aprendizaxe eficaz: o xogo.
INSHT
17/3/2014 INSHT
O INSHT presenta unha nova sección dentro do apartado de documentación Material didáctico. Nesta sección recolleranse os vídeos das xornadas técnicas que inclúe a oferta formativa anual do INSHT no Centro Nacional de Novas Tecnoloxías.
BASEQUIM
6/3/2014 INSHT
Nesta base datos BASEQUIM proporciónanse fichas para diferentes situacións de exposición a axentes químicos que conteñen información sobre os axentes químicos que poden estar presentes na realización da tarefa, os danos para a saúde derivados da exposición aos axentes químicos considerados, os factores de risco e as medidas preventivas.
BOE
3/3/2014 BOE
Trátase de compilacións das principais normas vixentes do ordenamento xurídico, permanentemente actualizadas, presentadas por ramas do Dereito.
Exposición a nanopartículas
28/2/2014 HIXIENE
Neste documento explícase o método proposto por TNO, chamado Stoffenmanager Nano, unha ferramenta desenvolvida para axudar ao empresario e os traballadores a priorizar as distintas situacións que supoñen unha exposición a nanobxectos manufacturados, deseñada para ser utilizada polas pequenas e medianas empresas, doada de utilizar, manexando conceptos comprensibles e utilizando parámetros de doada obtención.
Riscos nos hospitais
27/2/2014 SAÚDE LABORAL
Nos Estados Unidos, os hospitais teñen un índice de incidencia de accidentes de traballo maiores que o da construción, o cal explica que OSHA crease unha páxina web específica sobre a seguridade nos hospitais.
Biodat
26/2/2014 HIXIENE
Esta base de datos ofrece información sobre a posible presenza de axentes biolóxicos en diferentes sectores de actividade laboral, así como sobre a natureza e características dos axentes biolóxicos e as enfermidades que causan.
LEP axentes químicos 2014
24/2/2014 INSHT
Neste documento recóllense os Límites de Exposición Profesional para Axentes Químicos adoptados polo Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo para o ano 2014. A constitución polo INSHT en 1995 dun grupo de traballo sobre Valores Límite de Exposición Profesional permitiu a publicación dun primeiro documento en 1999, seguido por actualizacións anuais para facer fronte, a medio prazo, á obriga que a Directiva 98/24/CE impoñía aos Estados membros de establecer límites de exposición profesional nacionais.
Enerxía eólica en Galiza
21/2/2014 MEDIO AMBIENTE
"Enerxía Eólica en Galicia: o seu impacto no medio rural" é o título dun libro presentado pola Universidade de Vigo que aborda os aspectos económicos, xurídicos, medioambientais dos muíños de vento.
Biogaval
13/2/2014 INVASSAT
O propósito do presente método é proporcionar ao técnico de prevención un instrumento útil e práctico para valorar o risco biolóxico, así como para orientalo na priorización das medidas preventivas e de control.
Intervención psicosocial
31/1/2014 INSHT
A aplicación "Intervención psicosocial" está dirixida a todos aqueles axentes, dentro e fóra das organizacións, interesados na prevención efectiva dos riscos psicosociais, que dispoñan de coñecementos específicos sobre esta materia. O obxectivo desta aplicación é converterse nun espazo de intercambio e consulta de experiencias e coñecementos sobre intervención psicosocial, proporcionando ferramentas que contribúan a estimular nas empresas da nosa contorna a práctica de calidade neste terreo da prevención de riscos laborais.
Manual de formación sobre avaliación e xestión de riscos no lugar de traballo para PEMEs
23/1/2014 OIT
As lesións e enfermidades relacionadas co traballo poden arruinar vidas e afectar as empresas cando se reduce o rendemento, dánase a maquinaria, aumentan os custos en seguros, etc. Isto é algo que as pequenas empresas, especialmente vulnerables ao impacto dos accidentes laborais e as enfermidades relacionadas co traballo, non poden permitirse nin moral nin economicamente. O presente material de formación sobre avaliación e xestión de riscos no lugar de traballo pretende fundamentalmente capacitar a propietarios e xestores de pequenas e medianas empresas (PEMEs) para adoptar medidas destinadas a mellorar as condicións de seguridade e saúde nos seus lugares de traballo.
Rexistro autonómico plans autoprotección
21/1/2014 Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo
Na reunión celebrada o día 23 de xuño de 2010 polo Grupo de Traballo de Construción da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo acordouse elaborar un estudo sobre a aplicación do Real Decreto 1627/1997 en obras que presentan certas singularidades, como son as que carecen de proxecto, as de emerxencia e as de explotación de infraestruturas.
ECHA
9/1/2014 ECHA
A Axencia Europea de Substancias e Mesturas Químicas, ECHA, publicou varias actualizacións dos Documentos de orientación sobre Fichas de Datos de Seguridade, obrigas dos Usuarios Intermedios e criterios de aplicación do Regulamento CLP
Imaxen da Axencia Europea
13/12/2013 Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo
O vento é fundamental para o tránsito da UE cara a unhas fontes de enerxía renovables. O sector da enerxía eólica está en rápida expansión, pero leva aparellados moitos riscos para a seguridade e a saúde, porque moitos apectos das turbinas eólicas mar dentro son únicos, da mesma forma que a contorna laboral no que se atopan. O informe de EU-OSHA examina os riscos para os traballadores do sector da enerxía eólica ao longo das diversas fases do ciclo de vida das turbinas eólicas en terra e mar dentro e examina os riscos aos que fai fronte o sector a medida que avanza cara á prestación dunha contorna de traballo máis seguro.
INSHT
11/12/2013 INSHT
Dende hai algúns anos o INSHT pon a disposición dos usuarios da súa páxina web varios calculadores que pretenden facilitar a avaliación das condicións de traballo. Cada ferramenta de cálculo está deseñada para poder extraer conclusións a partir da introdución dunha serie de datos por parte do usuario. Recentemente a colección de calculadores foi ampliada con dúas novas ferramentas, que se sumaron ás catorce xa existentes. Trátase dos calculadores "Avaliación da comunicación verbal: método SIL (Speech Interference Level)" e "Determinación do metabolismo enerxético". Ademais introducíronse algúns cambios no resto da colección para mellorar a accesibilidade á ferramenta e unificar o formato dos calculadores.
Guía nanomateriais ETUI
9/12/2013 HIXIENE
Este pequeno libro (44 páxinas) elaborado polo Instituto Sindical Europeo (ETUI) parte do feito de que os nanomateriais están a chegar ao mercado nunha gama cada vez maior de aplicacións a un ritmo vertixinoso, e considera que o seu impacto na sociedade apenas se discutiu e que o marco regulador europeo é inadecuado para estes materiais.
INSHT
3/12/2013 INSHT
Está dispoñible no portal web do INSHT unha nova entrega da colección de Notas Técnicas de Prevención, que comprende os números 985 a 995 coa que se completa a serie 28. Entre os temas tratados neste grupo de novas Notas destacaremos polo seu interese as dúas dedicadas á avaliación cualitativa do risco químico nos laboratorios, as que tratan da prevención de riscos en casos de traballadoras embarazadas ou en situación de lactación natural, a adicada ao recurso preventivo e a que trata da valoración das condicións de seguridade dos equipos de traballo instalados a bordo dos buques de pesca.
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais