Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
LimTox
7/6/2017 Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas
Científicos do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas, CNIO, desenvolveron unha ferramenta de búqueda en liña, que axuda a atopar información sobre as reaccións adversas e a toxicidade dos compostos químicos. Os resultados do traballo están publicados na revista Nucleic Acids Research. Segundo os seus creadores, esta ferramenta permite a recuperación e clasificación de elementos químicos e biolóxicos de interese, as interaccións entre eles, a visualización das estruturas químicas dos compostos detectados de forma automática nos textos e a xeración de redes de relación entre eles.
Riscos de TME  asociados á carga física en postos de loxística
5/6/2017 INSHT
Documento elaborado polo Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo sobre a identificación e avaliación inicial dos riscos relacionados con TME asociados á actividade física en operacións realizadas en almacéns loxísticos: carga e descarga do vehículo, conformación de palés, preparación dos artigos para a almacenaxe, "picking" de artigos para a súa expedición, retractilado de produtos paletizados, etc. O texto inclúe a orientación sobre métodos de avaliación específicos que será necesario empregar en determinadas situacións.
Vibracións en máquinas portátiles e outras de pequenas dimensións
5/5/2017 INSHT
O traballo elaborado polo INSHT se estrutura en dúas partes: a primeira presenta os resultados obtidos nos estudos realizados a 14 máquinas de mantemento: lixadoras, taladros, amoladoras, martelos percutores, serras de calar, etc; na segunda parte atoparanse os resultados para 15 máquinas de limpeza e xardinería: cortacéspede, desbrozadoras, pulidoras, hidrolimpadoras, etc.
Guía sobre a transición dos EPIS
2/5/2017 INSHT
A fonte deste tríptico é o documento "Guidance document on the ppe transition from directive 89/686/eec to regulation (eu) 2016/425", publicado pola Comisión Europea e debe considerarse como referencia principal para a interpretación do Regulamento ata que se publique a Guía europea para a aplicación do Regulamento EPI.
Calculador e app INSHT
25/4/2017 INSHT
O INSHT vén de poñer en disposición un novo calculador: “Accidentes de traballo. Control estatístico” e unha nova App “Andeis metálicos. Condicións de seguridade”
Mapa de risco ergonómico de Galicia
24/4/2017 ISSGA
Documento elaborado polo ISSGA que busca identificar a presenza de factores de risco asociados á carga física de traballo nas empresas: manipulación manual de cargas, posturas forzadas, movementos repetitivos, aplicación de forzas e mobilización de persoas, así como outros factores adicionais que poden influír na aparición ou incrementar o nivel de risco de sufrir unha lesión de tipo musculoesquelético; coñecer a poboación laboral que poida estar exposta a estes factores de risco; estimar o grao de control sobre o risco asociado á carga física que existe nas empresas galegas.
laberinto mentes
21/4/2017 SAÚDE MENTAL
As enfermidades mentais son xa a segunda causa de baixa laboral no Estado, o 19,5% de persoas presentan un trastorno mental ao longo da súa vida.
INSHT calculadores ergonomía
7/4/2017 INSHT
O INSHT ven de poñer en disposición dous novos calculadores: "Manipulación manual de cargas: valores límite en operacións de empuxe, arrastre e transporte" e "Cálculo da resistencia térmica do vestido".
Guía boas prácticas sector da conserva
31/3/2017 ISSGA
Guía de boas prácticas elaborada polo ISSGA, resultado dun estudo biomecánico realizado para todos os postos de traballo da cadea produtiva existente nas empresas do sector da conserva do atún. Este sector está caracterizado por estar moi feminizado e por presentar riscos específicos de TME. Xunto a esta guía, que busca divulgar dun xeito sinxelo as medidas básicas para a prevención de TME entre as traballadoras e traballadores do sector, O ISSGA elaborou un tríptico e un cartel.
BASEQUIM
28/3/2017 INSHT
O Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo ven de publicar unha nova ficha de “Situacións de Traballo Perigosas” elaborada polo grupo de traballo BASEQUIM. Nela analízase a potencial exposición de traballadores/as a sulfuro de hidróxeno ao realizar traballos de limpeza e mantemento en espazos confinados de estacións depuradoras de augas residuais (EDAR).
NTP
23/3/2017 INSHT
Esta publicación recolle doce números, do 1078 ao 1089 adicados a: pesca de arrastre e cerco, axentes químicos, guindastres Pórtico, elevadores de vehículos, PRL orixinados por caídas de raios, calidade de aire interior, tractores agrícolas, alcance máximo e normal e radiacións ópticas artificiais
MTA/MA-065/A16
10/3/2017 INSHT
Publicado o MTA/MA-065/A16: Determinación de metais e os seus compostos iónicos en aire - Método de captación en filtro / espectrofometría de emisión atómica por plasma axustado inductivamente con detector óptico (ICP-AES)
LEP 2017
9/3/2017 INSHT
Neste documento recóllense os Límites de Exposición Profesional para Axentes Químicos adoptados polo Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo para o ano 2017. A constitución polo INSHT en 1995 dun grupo de traballo sobre Valores Límite de Exposición Profesional permitiu a publicación dun primeiro documento en 1999, seguido por actualizacións anuais para facer fronte á obriga que a Directiva 98/24/CE impoñía aos Estados membros de establecer límites de exposición profesional.
Instituto Nacional Seguridad e Hixiene no Traballo
2/3/2017 INSHT
O Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo edita tres novas fichas da colección Métodos de toma de mostras de contaminantes químicos en aire. Estas fichas son para a mostraxe das fraccións inhalable e respirable de metais e fumes metálicos. Os mostreadores propostos cumpren coas normas UNE-EN 481 e UNE-EN 13205.
Caracterización da sinistralidade na actividade pesqueira
24/2/2017 INSHT
Documento elaborado polo Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo que proporciona información cuantitativa e cualitativa sobre os accidentes de traballo e enfermidades profesionais máis frecuentes na pesca, actividade que no Estado español atópase entre as actividades con maiores cifras de sinistralidade laboral. O obxetivo deste traballo é que poida servir de apoio aos procesos de identificación e avaliación dos riscos e á planificación das actividades preventivas na pesca, co fin de minimizar os riscos desta profesión
BASEQUIM
21/2/2017 INSHT
Na base datos BASEQUIM proporciónanse fichas para diferentes situacións de exposición a axentes químicos que conteñen información sobre os axentes químicos que poden estar presentes na realización da tarefa, os danos para a saúde derivados da exposición aos axentes químicos considerados, os factores de risco e as medidas preventivas.
Formaldehído na fabricación de taboleiros
14/2/2017 INSHT
A modificación do Regulamento (CE) nº 1272/2008 do Parlamento Europeo e do Consello sobre clasificación, etiquetaxe e envasado de sustancias e mesturas, supuxo a reclasificación do formaldehído a cancerígeno de categoría 1B. Este texto elaborado polo INSHT, está dirixido ás empresas fabricantes de taboleiros de madeira (de fibras, de partículas e contrachapado) co fin de orientalas na redución da exposición a formaldehído dos seus traballadores/as. Este axente químico está presente no ambiente laboral, principalmente, polo seu emprego nas resinas que se utilizan para elaborar as colas dos taboleiros.
Ferramentas manuais: criterios ergonómicos e de seguridade para a súa selección
2/2/2017 INSHT
Este documento pretende facilitar as claves para axudar a seleccionar as ferramentas de accionamento manual, tendo en conta que van formar parte do sistema de traballo. A selección da ferramenta debe ter en conta á persoa determinada, que vai realizar unha tarefa específica, nunha contorna e ambiente de traballo concreto. Tamén vai achegar unha serie criterios para o uso adecuado, unha vez seleccionada a ferramenta.
Guía para o control do risco por exposición á sílice cristalina respirable
30/1/2017 INS
Esta Guía, realizada tanto ao amparo das facultades propias do INS, como daquelas outras outorgadas ao Instituto polo RD 39/1997, que aproba o Regulamento dos Servizos de Prevención, no seu artigo 5.3.b), busca orientar aos principais actores da prevención: Empresario, Servizos de Prevención e Autoridade Mineira, co fin de aplicar coa máxima eficacia os preceptos legalmente establecidos no ámbito do RGNBSM, e máis concretamente da ITC 2.0.02.
Guía de vixilancia da saúde no sector pesqueiro
30/1/2017 Grupo CANO
Os Institutos de Seguridade e Saúde Laboral de Galiza, Asturias, Cantabria e Euskadi, levan varios anos colaborando nun proxecto destinado ao sector da pesca. O traballo materializouse a través de catro fases: a primeira, dirixida ás frotas de baixura e artesanal, foi publicada no outono de 2011; a segunda, sobre as actividades de marisqueo a pé, extracción de recursos específicos e as actividades auxiliares á pesca, publicouse no outono de 2012; a terceira, sobre as artes de altura e gran altura, en 2013 e a cuarta, adicada á vixilancia da saúde no sector, en novembro do 2016.
Diagnóstico de situación do sector agrario
18/1/2017 INSHT
Estudo elaborado polo INSHT das condicións de traballo no sector agrario para partir da análise da sinistralidade. O sector agrario está a representar un dos sectores con maiores índices de sinistralidade, situándose o índice de incidencia dos accidentes de traballo con baixa a niveis similares ao sector industria desde o ano 2013.
Métodos de toma de mostras e análises. MTA/MA-013/A16
16/1/2017 INSHT
Trátase do método clasificado como MTA/MA-013/A16: Determinación de hidrocarburos clorados (tricloroetileno, tetracloroetileno, 1,1,1-tricloroetano) en aire - Método de absorción en carbón activo / Cromatografía de gases. O método describe o procedemento para a determinación das concentracións de hidrocarburos clorados presentes nos lugares de traballo, mediante a captación en tubo contendo como adsorbente carbón activo e análise por cromatografía de gases.
Guía práctica de seguridade vial laboral
10/1/2017 OSALAN
Os accidentes de tráfico supoñen máis dun 11% do total. Ademais, a súa incidencia aumenta de forma proporcional á gravidade do accidente, ata chegar a supoñer case un 30% dos accidentes laborais con resultado de morte, segundo datos do último informe do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo. Este documento elaborado por OSALAN (Instituto vasco de Seguridade e Saúde Laboral) ten como obxectivo promover e consolidar a cultura da seguridade laboral viaria en todas as ocupacións profesionais e sectores de actividade da empresa.
Fundación Adeco Generalitat Valenciana
26/12/2016 Responsabilidade Social Corporativa
Proxecto froito da colaboración entre a Fundación Adecco e a Conselleria de Transparencia e Responsabilidade Social, Participación e Cooperación da Generalitat Valenciana. Esta ferramenta está orientada a permitir que as empresas, tanto pymes como grandes corporacións, poidan deseñar e implementar estratexias de Responsabilidade Social Corporativa. A guía está deseñada seguindo o formato dun mapa de metro no que a través das 6 liñas e 43 estacións percórrense as distintas áreas estratéxicas dunha empresa e os criterios éticos, sociais e medioambientais para a súa xestión.
Guía para a merca dunha máquina
23/12/2016 INSHT
Texto elaborado polo INSHT a través do que se pretende proporcionar unha guía orientativa sobre os aspectos que debe ter en conta o empresario no proceso de adquisición dunha máquina que engloban ademáis das características técnicas, as necesidades produtivas e a relación calidade-prezo da máquina, a seguridade na súa utilización.
Riscos derivados da exposición a nanomateriais no sector da automoción
21/12/2016 INSHT
A nanotecnoloxía está a ser empregada na mellora de propiedades dos vehículos, en cuestións como a seguridade, menor consumo de combustible, mellora de acabados, etc. Isto conséguese grazas ao excepcional comportamento que manifestan os nanomateriales debido ao seu pequeno tamaño.O INSHT publica este documento no que se recollen os principais nanomateriais utilizados no sector da automoción, a súa aplicación, toxicoloxía, exposición e medidas preventivas a adoptar na súa manipulación.
Guía para a avaliación de riscos para o medio ambiente aplicada a empresas que incorporan nanomateriais nos seus procesos
20/12/2016 EHS - Advance
O presente documento céntrase en proporcionar orientación sobre a prevención e xestión dos riscos laborais derivados da exposición a nanobxectos, os seus agregados e aglomerados (NOAA), nas organizacións, especialmente PEMES, que fabrican e/ou manipulan nanomateriais ou produtos que os conteñen. O termo NOAA aplícase aos mencionados compoñentes, tanto na súa forma orixinal como incorporados noutros materiais e produtos dos que poderían liberarse durante o seu ciclo de vida.
INSHT
16/12/2016 INSHT
O INSHT ven de traducir ao español as fichas de consellos básicos desenvolvidas polo Health and Safety Executive (HSE) do seu modelo COSHH Essentials. Estas fichas ofrecen consellos sobre prácticas de traballo básicas para axudar a controlar a exposición a sustancias químicas perigosas na contorna laboral. Hai dous tipos de fichas: as xenéricas, nas que se recomendan catro grupos de controis que conteñen accións co fin de reducir a exposición e outras específicas dirixidas a sectores industriais determinados, nas que se ofrece axuda aos profesionais do sector para o control da exposición a sustancias perigosas e a protección da saúde dos traballadores/as.
Guia de mobilidade segura na empresa
15/12/2016 Instituto Asturiano de Prevención de Riesgos Laborales + DXT
Os rexistros estatísticos amosan que gran parte dos desprazamentos teñen a súa orixe no ámbito laboral. Segundo se desprende dos datos da Enquisa de Mobilidade das Persoas Residentes en España (MOVILIA) elaborada polo Ministerio de Fomento,no ano 2006, as persoas ocupadas realizaban nun día medio laborable máis de 62 millóns de desprazamentos, o que supón a metade do total dos desprazamentos realizados. Deses 62 millóns de desprazamentos, ao redor dun 67% (41 millóns) correspondían a viaxes de ida ao traballo e de volta ao domicilio.O risco de sufrir un accidente nos desprazamentos ao traballo implica a confluenciade varios elementos: o factor humano, vehículo, vía e as condicións da contorna e a xestión da actividade empresarial.
Promover a diversidade e a inclusión grazas a axustes no lugar de traballo
13/12/2016 OIT
A adopción de medidas eficaces para a inclusión de todos os traballadores e traballadoras no lugar de traballo é esencial para a promoción da igualdade e para que a protección dos dereitos contidos nos estándares internacionais do traballo sexa unha realidade para todos/as. Esta publicación ten por obxectivo axudar aos usuarios/as a comprender o concepto de axustes razoables, describe as medidas de acompañamento, así como os procesos e os pasos para introducir axustes no lugar de traballo ao longo do ciclo de emprego e inclúe exemplos prácticos. Os autores deste traballo sinalan que estes axustes poden ser realizados cun pequeno ou ningún gasto por parte do empregador/a, e poden achegar beneficios concretos para empleador/a e traballador/a.
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais