Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
Manual de seguridade no laboratorio
20/9/2017 ISSGA
Neste manual proporciónase a información básica para desenvolver ou traballo de laboratorio en condicións seguras, consonte a lexislación vixente en materia de prevención de rochas laborais. Ademais de facer alusión aos principais perigos e rochas, inclúense normas de conduta e traballo e protocolos de actuación en caso de accidente. Considéranse fundamentalmente vos rochas producidas nun laboratorio onde exista exposición a axentes químicos.
NTP
15/9/2017 INSHT
Esta publicación recolle doce números, do 1090 ao 1100 adicados a: Riscos laborais viarios, Coste-beneficio da prevención de riscos, Agricultura e gandería, Liderazgo, conflito e condicións de traballo, Equipo eléctrico de máquinas e Proxectos de investigación universitarios.
BASEMAQ
14/9/2017 INSHT
O INSHT ven de publicar dúas novas fichas elaboradas polo grupo de traballo BASEMAQ, adicado a analizar situacións de traballo perigosas producidas por máquinas. Son dúas fichas, números 18 e 19, relativas ao sector da maquinaria para a industria alimentaria que reflexan situacións perigosas na utilización de máquinas picadoras de carne.
PRL en traballos de oficiña da Universidade da Rioxa
12/9/2017 UNIVERSIDADE DA RIOXA
O Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Universidade da Rioxa elabora un manual para axudar aos traballadores/a a coñecer os principais riscos que poden atopar nunha oficina, co fin de que poidan recoñecer posibles anomalías e aplicar, se é o caso, as medidas preventivas adecuadas ou poñerse en contacto co seu Servizo de Prevención de Riscos Laborais.
Fundamentos para a prevención de riscos laborais
14/7/2017 INSHT
Este documento elaborado polo Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo, estrutúrase en tres partes: na primeira trátanse os conceptos esenciais de saúde e traballo e se ofrece unha perspectiva histórica e de futuro; a segunda adícase á estrutura organizativa da prevención analizando o sistema español, o marco institucional comunitario e o conxunto de institucións e entidades adicadas dende diferentes perspectivas a previr riscos laborais; a terceira, adícase aos aspectos fundamentais para unha xestión preventiva eficaz, desenvolvendo neste capítulo os dous instrumentos esenciais do Plan de Prevención: a Avaliación de riscos e a Planificación preventiva; incluíuse un capítulo final adicado á promoción e vixilancia da saúde.
Enfermidade profesional. Valoración da sospeita
13/7/2017 Sociedade Española de Traumatoloxía Laboral/Consellería de Saúde da Comunidade de Madrid
Este documento xurde da necesidade de acordar criterios na sospeita, identificación, diagnóstico e a comunicación dos casos de sospeita de enfermidade profesiona, dado que son moitos os axentes implicados no proceso de recoñecemento dunha enfermidade profesional: facultativos do Sistema Público de Saúde, Mutuas, Servizos de Prevención, Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), Unidades de saúde laboral, autoridades sanitarias, etc.
VeSafe
12/7/2017 EU-OSHA/ Comisión Europea
A Guía electrónica VeSafe é un portal interactivo que proporciona información sobre os riscos laborais relacionados cos vehículos. Ocúpase da condución segura, o transporte ao e do lugar de traballo e o traballo en ou preto dunha estrada. A guía inclúe numerosos exemplos de boas prácticas e unha visión xeral dos regulamentos pertinentes. É gratuíta e permite filtrar a información por tipo de risco ou por tipo de vehículo.
Fichas de control de axentes químicos
11/7/2017 INSHT
O INSHT está a traducir ao español as fichas de consellos básicos desenvolvidas polo Health and Safety Executive (HSE) do seu modelo COSHH Essentials Estas fichas ofrecen consellos sobre prácticas de traballo básicas para axudar a controlar a exposición a sustancias químicas perigosas na contorna laboral. Hai dous tipos de fichas: unhas xenéricas nas que se recomendan catro grupos de controis que conteñen accións cuxo obxectivo é reducir a exposición e outras específicas dirixidas a sectores industriais determinados nas que se ofrece axuda aos profesionais do sector para o control da exposición a sustancias perigosas e a protección da saúde dos traballadores.
Seguridade laboral en obras de construcción menores (sin proxecto)
7/7/2017 INSHT
Documento elaborado polo Instituto Nacional de Seguidade e Hixiene no Traballo en torno ás obras de construción menores, intervencións de escasa entidade técnica que na súa maioría carecen de proxecto. O obxectivo do INSHT con este texto é o de orientar ás empresas que acometen obras menores á hora de xestionar a prevención de riscos dunha forma eficiente. Proporciona información sobre aspectos xerais que afectan as obras, como son a subcontratación ou a formación.
Discussion paper
6/7/2017 EU-OSHA
A Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo publicou recentemente dúas análises que examinan o uso específico que se está a dar en relación a determinados tipos de tecnoloxía no lugar de traballo: nun pódese atopar información sobre a impresión en 3D e os novos riscos que poderían derivarse da responsabilidade asociada, os materiais empregados, os métodos flexibles de traballo e a monotonía no traballo. A segunda análise, céntrase nun elemento que xa está a alterar o marco en moitos lugares de traballo: o uso de tecnoloxías ofimáticas para a supervisión dos traballadores/as .
Guía de boas prácticas ISSGA._Saúde Laboral: Redeiras
3/7/2017 ISSGA
Publicación elaborada polo ISSGA a partires dun estudo médico epidemiolóxico realizado polo ISSGA no ano 2012 no sector das redeiras, no que participaron 112 profesionais das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra. A información empregada for recabada das propias redeiras, que indicaron os seus problemas máis frecuentes, a descrición das tarefas que desempeñan segundo o tipo de aparello co que traballan, a organización do traballo, etc. As patoloxías máis frecuentemente detectadas foron os trastornos músculo esqueléticos orixinados pola carga física asociada ao traballo, á que se suma as condicións de traballo (frío, calor): movementos repetitivos, posturas forzadas e mantidas no tempo, manipulación de cargas e aplicación de forzas.
Guía sobre fichas de datos de seguridade e escenarios de exposición
27/6/2017 ECHA
As fichas de datos de seguridade están concebidas para facilitar aos usuarios/as de sustancias químicas a información precisa para axudar a protexer a saúde das persoas e o medio ambiente. Este texto elaborado pola Axencia Europea de Sustancias e Mesturas Químicas, ten por obxeto axudar aos usuarios a cumplir coas obrigas no marco dos Regulamentos REACH e CLP.
Guía Práctica para Coordinadores de Seguridade e Saúde na Obra
23/6/2017 Colexio Oficial de Aparelladores e Arquitectos Técnicos de Madrid
O Colexio Oficial de Aparelladores e Arquitectos de Madrid, ten realizado os documentos Guía práctica para Coordinadores de Seguridade e Saúde en obra en obra sen proxecto e en obra con proxecto.
EUON
16/6/2017 Comisión Europea - ECHA
Na web do Observatorio atoparase información sobre os nanomateriales existentes no mercado da UE. Aparte da información xeral, a web contén datos sobre seguridade, regulamentos, innovación, investigación e os usos dos nanomateriales. Esta base irá crecendo cos anos, a medida que se amplíe os contidos da plataforma. O EUON é unha nova iniciativa financiada pola Comisión Europea. O aloxamento e mantemento do EUON corren a cargo da Axencia Europea de Sustancias e Mesturas Químicas (ECHA).
BASEMAQ
8/6/2017 INSHT
O INSHT ven de publicar tres novas fichas elaboradas polo grupo de traballo BASEMAQ, adicado a analizar situacións de traballo perigosas producidas por máquinas. Son tres fichas, números 15, 16 e 17, relativas ao sector da maquinaria para a industria alimentaria que reflicten situacións perigosas na utilización de serras de cinta.
LimTox
7/6/2017 Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas
Científicos do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas, CNIO, desenvolveron unha ferramenta de búqueda en liña, que axuda a atopar información sobre as reaccións adversas e a toxicidade dos compostos químicos. Os resultados do traballo están publicados na revista Nucleic Acids Research. Segundo os seus creadores, esta ferramenta permite a recuperación e clasificación de elementos químicos e biolóxicos de interese, as interaccións entre eles, a visualización das estruturas químicas dos compostos detectados de forma automática nos textos e a xeración de redes de relación entre eles.
Riscos de TME  asociados á carga física en postos de loxística
5/6/2017 INSHT
Documento elaborado polo Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo sobre a identificación e avaliación inicial dos riscos relacionados con TME asociados á actividade física en operacións realizadas en almacéns loxísticos: carga e descarga do vehículo, conformación de palés, preparación dos artigos para a almacenaxe, "picking" de artigos para a súa expedición, retractilado de produtos paletizados, etc. O texto inclúe a orientación sobre métodos de avaliación específicos que será necesario empregar en determinadas situacións.
Vibracións en máquinas portátiles e outras de pequenas dimensións
5/5/2017 INSHT
O traballo elaborado polo INSHT se estrutura en dúas partes: a primeira presenta os resultados obtidos nos estudos realizados a 14 máquinas de mantemento: lixadoras, taladros, amoladoras, martelos percutores, serras de calar, etc; na segunda parte atoparanse os resultados para 15 máquinas de limpeza e xardinería: cortacéspede, desbrozadoras, pulidoras, hidrolimpadoras, etc.
Guía sobre a transición dos EPIS
2/5/2017 INSHT
A fonte deste tríptico é o documento "Guidance document on the ppe transition from directive 89/686/eec to regulation (eu) 2016/425", publicado pola Comisión Europea e debe considerarse como referencia principal para a interpretación do Regulamento ata que se publique a Guía europea para a aplicación do Regulamento EPI.
Calculador e app INSHT
25/4/2017 INSHT
O INSHT vén de poñer en disposición un novo calculador: “Accidentes de traballo. Control estatístico” e unha nova App “Andeis metálicos. Condicións de seguridade”
Mapa de risco ergonómico de Galicia
24/4/2017 ISSGA
Documento elaborado polo ISSGA que busca identificar a presenza de factores de risco asociados á carga física de traballo nas empresas: manipulación manual de cargas, posturas forzadas, movementos repetitivos, aplicación de forzas e mobilización de persoas, así como outros factores adicionais que poden influír na aparición ou incrementar o nivel de risco de sufrir unha lesión de tipo musculoesquelético; coñecer a poboación laboral que poida estar exposta a estes factores de risco; estimar o grao de control sobre o risco asociado á carga física que existe nas empresas galegas.
laberinto mentes
21/4/2017 SAÚDE MENTAL
As enfermidades mentais son xa a segunda causa de baixa laboral no Estado, o 19,5% de persoas presentan un trastorno mental ao longo da súa vida.
INSHT calculadores ergonomía
7/4/2017 INSHT
O INSHT ven de poñer en disposición dous novos calculadores: "Manipulación manual de cargas: valores límite en operacións de empuxe, arrastre e transporte" e "Cálculo da resistencia térmica do vestido".
Guía boas prácticas sector da conserva
31/3/2017 ISSGA
Guía de boas prácticas elaborada polo ISSGA, resultado dun estudo biomecánico realizado para todos os postos de traballo da cadea produtiva existente nas empresas do sector da conserva do atún. Este sector está caracterizado por estar moi feminizado e por presentar riscos específicos de TME. Xunto a esta guía, que busca divulgar dun xeito sinxelo as medidas básicas para a prevención de TME entre as traballadoras e traballadores do sector, O ISSGA elaborou un tríptico e un cartel.
BASEQUIM
28/3/2017 INSHT
O Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo ven de publicar unha nova ficha de “Situacións de Traballo Perigosas” elaborada polo grupo de traballo BASEQUIM. Nela analízase a potencial exposición de traballadores/as a sulfuro de hidróxeno ao realizar traballos de limpeza e mantemento en espazos confinados de estacións depuradoras de augas residuais (EDAR).
NTP
23/3/2017 INSHT
Esta publicación recolle doce números, do 1078 ao 1089 adicados a: pesca de arrastre e cerco, axentes químicos, guindastres Pórtico, elevadores de vehículos, PRL orixinados por caídas de raios, calidade de aire interior, tractores agrícolas, alcance máximo e normal e radiacións ópticas artificiais
MTA/MA-065/A16
10/3/2017 INSHT
Publicado o MTA/MA-065/A16: Determinación de metais e os seus compostos iónicos en aire - Método de captación en filtro / espectrofometría de emisión atómica por plasma axustado inductivamente con detector óptico (ICP-AES)
LEP 2017
9/3/2017 INSHT
Neste documento recóllense os Límites de Exposición Profesional para Axentes Químicos adoptados polo Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo para o ano 2017. A constitución polo INSHT en 1995 dun grupo de traballo sobre Valores Límite de Exposición Profesional permitiu a publicación dun primeiro documento en 1999, seguido por actualizacións anuais para facer fronte á obriga que a Directiva 98/24/CE impoñía aos Estados membros de establecer límites de exposición profesional.
Instituto Nacional Seguridad e Hixiene no Traballo
2/3/2017 INSHT
O Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo edita tres novas fichas da colección Métodos de toma de mostras de contaminantes químicos en aire. Estas fichas son para a mostraxe das fraccións inhalable e respirable de metais e fumes metálicos. Os mostreadores propostos cumpren coas normas UNE-EN 481 e UNE-EN 13205.
Caracterización da sinistralidade na actividade pesqueira
24/2/2017 INSHT
Documento elaborado polo Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo que proporciona información cuantitativa e cualitativa sobre os accidentes de traballo e enfermidades profesionais máis frecuentes na pesca, actividade que no Estado español atópase entre as actividades con maiores cifras de sinistralidade laboral. O obxetivo deste traballo é que poida servir de apoio aos procesos de identificación e avaliación dos riscos e á planificación das actividades preventivas na pesca, co fin de minimizar os riscos desta profesión
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais