29/4/2013
Seguridade
A pasada semana un edificio de oito plantas que acollía varios talleres téxtiles, un mercado e unha sucursal dun banco, viuse abaixo na poboación de Savar, a 24 kilómetros ao noroeste da capital de Bangladesh. Polo momento hai en torno a 400 mortos e un número indeterminado de desaparecidos.
As empresas téxtiles que albergaba o edificio traballan, como contratistas ou subcontratistas, para varias marcas occidentais, entre as que poderían atoparse Primark, The Children's Shop e Mango entre outras. Entre os cascallos da edificación foi atopado un documento no que aparece o nome de El Corte Inglés e unha serie de pedidos de chaquetas.