EU-OSHA
22/06/2018
Ven de poñerse a disposición un vídeo animado no marco da campaña da Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo, Traballos saudables: alerta fronte a substancias perigosas 2018-19. Ilustra de forma visible e atractiva a presenza común de substancias perigosas en moitos lugares de traballo e sectores en toda Europa, como a agricultura, a industria manufactureira e a construción. O vídeo tamén resalta a importancia de establecer unha cultura de prevención de riscos no lugar de traballo, comezando por promover a avaliación de riscos para manexar as substancias perigosas de maneira efectiva.
 
/Sentenza
Sentenza
21/06/2018
A sentenza, emitida polo Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía recoñece como accidente laboral o ictus sufrido por unha empregada de fogar no seu día de descanso. A sentenza considera determinante o feito de que a traballadora vivía no mesmo domicilio que a parella de anciáns que coidaba, non existindo separación entre o seu lugar de residencia e o seu lugar de traballo.
 
/Estres laboral
Psicosocial
20/06/2018
Estas son parte das conclusións do Informe Anual 2017 InfoJobs–ESADE sobre el Estado del Mercado Laboral a partires dos datos extraídos dunha enquisa realizada a un mostra representativa da poboación activa no Estado español e a máis de mil empresas. En torno a un 50% da poboación activa ocupada indica que está estresada; as persoas que declararon estar estresadas indicaron que o motivo principal éra o volume e o ritmo de traballo (un 57%), seguido da presión, (o 44%) e o nivel de responsabilidade (un 28%). Outras causas que tamén aparecen destacadas na enquisa son as responsabilidades ou roles pouco claros (un 27%) e a desmotivación polo traballo desempeñado (23%).
 
/Informe anual 2017 EU OSHA
Axencia Europea de Seguridade e Saúde no Traballo
19/06/2018
A Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo presentou o seu informe anual. Segundo consta no mesmo, no pasado ano 2017 a Axencia traballou en diferentes proxectos como na elaboración de estudos, como Riscos novos e emerxentes de SST asociados á tecnoloxía da información e a comunicación, do que se publicaron varios informes. Así mesmo, continuou o traballo sobre os datos da segunda edición da Enquisa europea sobre riscos novos e emerxentes, ESENER-2, a elaboración de informes xerais, ferramentas informáticas sobre a SST, campañas de sensibilización e intercambio de coñecemento por redes.
 
Sentenza
14/06/2018
O Xulgado do Social Nº 10 de Bilbao, condenou ao Departamento de Xustiza do Goberno Vasco a indemnizar a un funcionario dun xulgado por danos físico-psicolóxicos e morais sufridos a consecuencia dun conflito que tivo lugar no centro de traballo, por non contar cun plan de riscos laborais para atallar a situación. Na sentenza o xuíz considera que existe “responsabilidade por danos e prexuízos” do departamento vasco de Xustiza derivada do “incumprimento” da Lei de Prevención de Riscos Laborais.
 
Fundación Estatal para la Prevención de Riesgos Laborales, FSP
14/12/2017
A Secretaría de Estado de la Seguridad Social a través de La Fundación Estatal para la Prevención de Riesgos Laborales, F.S.P. (FEPRL), ven de conceder unha subvención á Confederación Intersindical Galega (CIG) para executar a acción “Asistencia técnica en prl e iniciativas de información e promoción do cumprimento da normativa de prevención, seguridade e saúde no traballo” con código de acción AT2017 - 0081.
 
Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG
27/04/2018
A miúdo os traballadores e traballadoras padecen as consecuencias derivadas dunha incorrecta determinación da continxencia que da lugar á incapacidade temporal; este feito ten consecuencias tanto económicas como médicas e de seguimento futuro da doenza. Neste número do Boletín repasamos os motivos polos que é tan importante a correcta determinación da continxencia, así como o procedemento administrativo a seguir en caso de desacordo coa continxencia determinada polo facultativo que expide o parte de baixa. *FE DE ERRATAS: observada unha errata no cadro da páxina 2 do boletín publicado, procedeuse á substitución da frase: "A prestación por IT, ten unha contía igual á prestación que te corresponde por desemprego" por "A prestación por IT ten unha contía igual á que tiveras recoñecida ata ese momento", atopándose neste momento xa modificado para a súa visualización e descarga.