Para iso, everis desenvolveu unha ferramenta informática, baseada en redes neuronais artificiais, capaz de predicir se unha persoa ten risco de caer en depresión cunha fiabilidade de en torno ao 85% nos suxeitos analizados.
OPTIMI baséase na hipótese de que o problema central e punto de inicio das enfermidades mentais a longo prazo depende da capacidade e habilidade do individuo para facer fronte ao estrés.
Durante esta primeira fase do proxecto analizáronse os datos de 95 voluntarios españois, suízos e chineses, que inclúen tanto parámetros fisiolóxicos (a taxa cardíaca e a súa variación, o nivel de actividade realizado, a calidade do sono, a hormona cortisol -que se segrega en situacións de estrés-, a voz e a asimetría na actividade dos dous lóbulos cerebrais), coma parámetros psicolóxicos (a través de diferentes preguntas relacionadas co estrés e o estado de ánimo nun diario electrónico).
A calibración da ferramenta predictiva de everis realizouse cos modelos de identificación do risco da enfermidade proporcionados polos expertos psicólogos da Universidade Jaume I de Castelló.
Nestes dous anos de proxecto tamén se alcanzou a verificación do funcionamento dos sensores nun ámbito doméstico. Deste xeito, comprobouse a correlación entre os sinais medidos e síntomas relacionados coa depresión no día a día dos pacientes.
Segunda fase do proxecto
A partir deste punto, comeza a segunda fase do proxecto, cuxo obxectivo final é desenvolver un sistema online para previr a depresión e aprender a facer fronte ao estrés, utilizando tratamentos preventivos baseados na Terapia Cognitivo Conductual Informatizada (CCBT) e os sensores de uso doméstico deseñados en OPTIMI.
Esta segunda fase do proxecto, que se realizará simultáneamente en Reino Unido e en España, inclúe os ensaios clínicos necesarios para comprobar a eficacia do tratamento preventivo mediante ferramentas TIC. A Universidade Jaume I de Castelló e a Universidade de Valencia comezaron o recrutamento dun centenar de persoas desempregadas, os que serán os primeiros en utilizar o novo programa informático para previr a depresión e aprender a manexar o estrés que deseñou o equipo de profesionais do Laboratorio de Psicoloxía e Tecnoloxía (Labpsitec) e que desenvolveu Labhuman.
Xestión Práctica de Riscos Laborais, 17 Maio 2012, Editorial WOLTERS KLUWER ESPAÑA