Os días 30 e 31 de marzo e 1 de abril de 2011, celebraronse no CIS de A Cabana de Ferrol, as “XIII Xornadas galegas sobre condicións de traballo e saúde”, organizadas pola Asociación de Graduados Sociais de Ferrol. O programa das xornadas pode consultarse no arquivo adxunto.
Dentro do programa, o día 30 de marzo, presentou a ponencia titulada "A reforma da negociación colectiva e as pensións" Antolín Alcántara, Secretario Confederal de Negociación colectiva e Saúde Laboral da CIG. Na súa exposición fixo fincapé na situación actual da clase traballadora e nos cambios que leva aparellados a reforma laboral, flexibilizando o despido e disminuíndo as rentas entre outras cousas, e tamén da reforma das pensións.