15/3/2013
I+D+i
O Instituto Vasco de Investigación e Desenvolvemento Agrario, Neiker-Tecnalia, e a empresa guipuscoana Ekonek van levantar unha planta piloto de tratamento de residuos orgánicos coa finalidade de producir fertilizantes "de alto valor engadido", segundo os seus promotores. A instalación permitirá aproveitar dunha forma eficaz o material orgánico resultante das plantas de biogás.
A planta situarase nos terreos agrícolas de Neiker-Tecnalia en Arkaute (Álava). O orzamento ascende a 1,5 millóns de euros, que serán achegados pola Unión Europea no marco dun proxecto CIP-Ecoinnovation e o catro entidades participantes na iniciativa: Neiker-Tecnalia, Ekonek Innovación en Valorización de Produtos, Blue Agro e a empresa holandesa Colsen.