Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
Informe OSHA 2012
19/6/2013 EU-OSHA
Nun contexto de incerteza económica permanente, a Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo (EU-OSHA) presenta no seu Informe Anual correspondente 2012 o intenso labor desenvolvido polo organismo co fin de promover a importancia que reviste para todo tipo de empresa un axeitado labor preventivo en materia de seguridade e saúde no traballo.
OIT reparto traballo
18/6/2013 OIT
A repartición do traballo foi utilizada para preservar empregos durante a Gran Recesión de 2008-2009 e posteriormente, e pode ser considerada como unha estratexia que pode axudar a xerar novos postos de traballo, segundo un novo libro da OIT.
Envellecemento traballadores
17/6/2013 SAÚDE LABORAL
A poboación activa en moitos países europeos é cada vez máis vella, e isto ten graves consecuencias para a eficiencia das empresas. Co fin de ser capaz de afrontar os retos dun mercado laboral cambiante, debemos de supoñer que haberá un aumento na idade de xubilación en lugar dunha caída nos próximos 20 anos.
Accidente tráfico
14/6/2013 SEGURIDADE
Un de cada catro accidentes laborais mortais acontecidos durante o primeiro trimestre foi debido a un sinistro de tráfico, segundo informou o secretario xeral do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo de España (INSHT), Carlos Arranz. En total, 35 traballadores perderon a vida entre xaneiro e marzo por culpa dun accidente de tráfico.
Correo electrónico estrés
14/6/2013 PSICOSOCIAL
Enviar e ler mensaxes de correo electrónico eleva o nivel de estrés incluíndo aumento da presión, aceleración do ritmo cardíaco e aumento dos niveis da hormona cortisol, segundo un estudo realizado na Universidade de Loughborough, Reino Unido.
Sentenza CIG
13/6/2013 Saúde laboral
A CIG presentou en rolda de prensa, dúas sentenzas polas que se anulan parte dos obxectivos de produtividade dos/as Inspectores/as médicos/as do INSS e dos médicos de Sanidade Mariña do ISM. As sentenzas poñen de manifesto que a seguridade social estaba a utilizar medios fraudulentos para limitar a duración das baixas e estender a vixencia dos recoñecementos médicos dos traballadores embarcados, poñendo así en risco a súa saúde. A sentenza referida ao INSS ten especial relevancia, porque abrangue ao conxunto de traballadores/as de todo o Estado.
Comisión europea
10/6/2013 SAÚDE LABORAL
A Comisión Europea iniciou unha consulta pública para solicitar as percepcións e achegas do público a raíz dos resultados da avaliación da estratexia europea de saúde e seguridade no traballo (2007-2012), que ha de axudar a definir os retos actuais e futuros no ámbito da saúde e seguridade no traballo e a buscar solucións para abordalos.
Parlamento europeo- textil Bangladesh
6/6/2013 RSC
O Parlamento Europeo aprobou unha resolución pola que reclama á Comisión Europea que promova actividades de negocio responsables entre as empresas, e que asegure de que cumpren estritamente coas súas obrigas xurídicas en canto a dereitos humanos e lexislación laboral e ambiental.
INSHT
5/6/2013 INSHT
A Enquisa Nacional de Condicións de Traballo (ENCT) pretendeu ser, dende os seus inicios en 1987, un instrumento pertinente e eficaz para o coñecemento das condicións de traballo dende a perspectiva da súa influencia na saúde física, psíquica e social dos traballadores; o seu obxectivo é facilitar este coñecemento para definir accións prioritarias de seguridade e saúde e nutrir a reflexión sobre as políticas de prevención e investigación.
Sentencia accidente traballo
4/6/2013 ACCIDENTE LABORAL
A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Castelló rebaixou de dous anos a un ano e tres meses de prisión a condena ao responsable do plan de seguridade e ao administrador dunha empresa pola morte dun traballador autónomo por entender que houbo unha dilación xudicial indebida.
Sentencia mecánico taller
30/5/2013 ACCIDENTE LABORAL
A viúva e o fillo do traballador F.G.B., falecido en decembro de 2005 esmagado por un vehículo que caeu dun elevador que manipulaba nas instalacións sitas en Zaratán (Valladolid), recibirán unha indemnización global superior aos 145.000 euros a causa do sinistro, do que foron responsabilizados o xefe do taller, o responsable do departamento de chapa e pintura e un técnico que elaborou o informe de avaliación de riscos.
Produtividade e empresa saudable
30/5/2013 SAÚDE
As empresas do estado español sitúanse á cola na promoción de hábitos saudables con respecto aos países do primeiro mundo, segundo o estudo 'Produtividade e Empresa Saudable' elaborado pola Escola de Negocios IESE para o Observatorio GOfit.
Traballadores emigrantes
29/5/2013 SAÚDE LABORAL
No artigo “Differences in exposure to occupational health risks in Spanish and foreign-born workers in Spain” participaron 1.841 estranxeiros. Os últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) apuntan a que 80.500 estranxeiros se encontran no paro e que a taxa de desemprego da poboación inmigrante é do 39,21%, 14,1 puntos superior á das persoas de nacionalidade española (25,11%).
Cancro laboral
29/5/2013 HIXIENE
Cada ano, en Europa, unhas 95.500 mortes por cancro poderían estar relacionadas co traballo, segundo a Axencia Europea de Saúde e Seguridade no Traballo (EU-OSHA). Esta organización reuniu en Berlín distintos expertos para debater novos enfoques na investigación e a intervención para a loita contra o cancro relacionado co traballo.
Traballando xuntos OSHA
28/5/2013 EU-OSHA
Abordar a diversidade cultural no lugar de traballo pode ter unha marcada repercusión na saúde e a seguridade neste ámbito, segundo as conclusións dun novo estudo realizado pola Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo (EU-OSHA).
Estrés-enfermidade coronaria
27/5/2013 SAÚDE
As persoas con estrés no traballo e un estilo de vida pouco saudable teñen maior risco de enfermidade das arterias coronarias que as persoas que están estresadas polo traballo pero levan estilos de vida saudables, conclúe un estudo publicado en 'Canadian Medical Association Journal'.
Radioactividade
24/5/2013 SEGURIDADE
A radioactividade xerada pola catástrofe sucedida na central nuclear de Chernóbil na década de 1980 aínda pode detectarse no medio, razón pola cal un conxunto de dezasete organizacións dedicadas á xestión de emerxencias e trinta e tres institutos científicos crearon un consorcio que contribúa a evitar outra catástrofe como aquela ou, polo menos, a reducir o seu impacto. Como obxectivo propúxose garantir unha resposta mellor en Europa ante situacións semellantes.
Crise
22/5/2013 SAÚDE
O desemprego prexudica "notablemente" a saúde das persoas que o sofren e tamén ás do seu ámbito, segundo explicou o coordinador do informe sobre saúde laboral en España 2001-2010, Fernando Rodrigo, investigador da Universidade Pompeu Fabra de Barcelona.
Graxa en sangue
21/5/2013 SAÚDE
Dende hai anos, os expertos sosteñen que o estrés emocional se asocia co risco de padecer enfermedades cardiovasculares debido, entre outros factores, a hábitos pouco saudables, como fumar, comer de forma inadecuada ou levar unha vida sedentaria.
Virus SARS
15/5/2013 SAÚDE
Francia confirmou o domingo un segundo caso dun novo virus respiratorio mortal relacionado coa síndrome respiratoria aguda severa, ao tempo que as autoridades intensificaron a súa campaña para informar a poboación sobre como evitar a enfermidade e detectar os síntomas.
OIT
14/5/2013 SAÚDE LABORAL
A Organización Internacional do Traballo (OIT) estima que cada ano morren no mundo 2,02 millóns de persoas por enfermidades profesionais, o que supón unha media de máis de 5.500 mortes diarias por esta causa.
Orientacións risco psicosocial
13/5/2013 INSHT
A temática psicosocial é unha das máis relevantes do momento. A presente publicación aborda, en formato pregunta-resposta, unha serie de cuestións frecuentemente formuladas ao INSHT polos técnicos de prevención sobre como desenvolver as avaliacións deste tipo de factores de risco e as súas correspondentes orientacións de resolución.
Aumento estrés laboral
9/5/2013 EU-OSHA
A metade dos traballadores do conxunto de Europa consideran que a tensión relacionada co traballo é habitual, e catro de cada dez opinan que esta cuestión non se aborda correctamente no seu lugar de traballo.
manual de instrucións das máquinas
7/5/2013 HIXIENE
Esta é unha das conclusións do Estudo sobre os manuais de instrucións das máquinas en relación aos requisitos de ruído esixidos pola Directiva de Máquinas, e que foi elaborado polo INSHT a través do Centro Nacional de Verificación de Maquinaria de Baracaldo
Gripe aviaria
6/5/2013 SAÚDE
Unha nova cepa de gripe aviaria que está a causar un brote mortal en China é unha ameaza para a saúde mundial e debería ser considerada seriamente, segundo científicos.
Logo OMS
3/5/2013 SAÚDE
Por primeira vez na historia da Organización Mundial da Saúde (OMS), estableceuse "a mellora do benestar da poboación" como unha prioridade sanitaria. Así o recolle o último informe da Oficina Rexional Europea da OMS, que leva por título: “Informe Europeo da Saúde 2012 - trazando o camiño cara ao benestar” (European Health Report, 2012 - charting the way to well-being), dado a coñecer a finais de marzo de 2013.
Ruído
2/5/2013 SAÚDE
Máis de 9 millóns de cidadáns do Estado español conviven a diario con ruídos que superan os 65 decibelios (dB), o albor de ruído diúrno establecido pola Organización Mundial da Saúde (OMS). De feito, segundo datos da OMS calcúlase que en Europa cada ano se perden 587.000 anos de vida só debido ás molestias que produce o ruído.
Previsel 2013 1
30/4/2013 Previsel
Preto de 100 delegados e delegadas participaron este ano na Xornada Formativa organizada no marco de PREVISEL, Salón da Seguridade e a Saúde Laboral, en Ourense. Así mesmo a CIG contou cun expositor informativo no que foron atendidas as cuestións que prantexaron os visitantes á feira .
28 de abril 2013
26/4/2013 Manifesto CIG
A seguridade e a saúde laboral, son dereitos fundamentais e polo tanto esenciais e innegociables para o conxunto da clase traballadora. Ámbolos dous conceptos van intimamente ligados e son directamente interdependentes das condicións de traballo establecidas. Neste senso, a actual reforma laboral do goberno do PP consagrouse coma unha elección política e ideolóxica, no marco dun modelo social e económico ultraliberal, que deixou de feito desprotexida e indefensa á maioría social traballadora, perante ao poder absoluto outorgado aos empresarios para desregular e impoñer de xeito unilateral as condicións de traballo nas relación laborais.
Imaxen da Axencia Europea
24/4/2013 EU-OSHA
A EU-OSHA patrocina, por quinta vez, o Premio Cinematográfico Lugares de Traballo Saudables ao mellor documental sobre temas relacionados co traballo.
Con la financiación de/ Co financiamento de:
Acción DI-0015/2009; Acción AD-0002/2011