Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
Nacional Nacional
28 de abril 2013
26/4/2013 Manifesto CIG
A seguridade e a saúde laboral, son dereitos fundamentais e polo tanto esenciais e innegociables para o conxunto da clase traballadora. Ámbolos dous conceptos van intimamente ligados e son directamente interdependentes das condicións de traballo establecidas. Neste senso, a actual reforma laboral do goberno do PP consagrouse coma unha elección política e ideolóxica, no marco dun modelo social e económico ultraliberal, que deixou de feito desprotexida e indefensa á maioría social traballadora, perante ao poder absoluto outorgado aos empresarios para desregular e impoñer de xeito unilateral as condicións de traballo nas relación laborais.
camión
26/2/2013 Seguridade
O Consello de Ministros aprobou un real decreto sobre ordenación do tempo de traballo para os traballadores autónomos que realizan actividades móbiles de transporte por estrada. Trátase dunha norma cuxo ámbito de aplicación refírese expresamente ao transporte por estrada de mercadorías cando a masa máxima autorizada dos vehículos sexa superior a 3,5 toneladas. Así mesmo, aplicarase ao transporte de viaxeiros en vehículos fabricados ou adaptados para transportar a máis de nove acodes, incluído o condutor.
asma
31/1/2013 Saúde laboral
As alergias laborais, principalmente dermatose e asma, son unhas das enfermidades laborais máis frecuentes. Estimase que poden producirse uns 10.000 novos casos ao ano, mentras que se recoñecen como profesionais moi poucas. Moitos casos poden agravarse ata chegar a producir unha incapacidade laboral total.
aire
31/1/2013 Medio ambiente
A contaminación do aire é unha preocupación constante no seo da Unión Europea, dado que, esa contaminación é unha das causas das principais enfermidades pulmonares como o asma e a orixe de máis de 350.000 mortes prematuras ao ano. Nun intento de paliar esta situación a Comisión Europea declarou 2013 o «Ano do aire».
elcosh
14/1/2013 NIOSH
A Biblioteca Electrónica de Seguridade na Construción e Saúde Ocupacional foi desenvolvida por CPRW, Centro de investigación na industria da construción. Este centro, adicado a proxectos de investigación no sector, funciona ademáis como Centro Nacional da Construción para o Instituto Nacional para a Seguridade e Saúde Ocupacional (NIOSH) norteamericano.
Imaxen do ISSG
2/1/2013 Datos estatísticos
Datos de sinistralidade de novembro de 2012 referidos a Galiza, desagregados por provincias e sector de actividade.
Con la financiación de/ Co financiamento de:
Acción DI-0015/2009; Acción AD-0002/2011