GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG
09/05/2013
Neste número realízase unha analíse dos aspectos máis salientables do proxecto de Real Decreto polo que se regulan determinados aspectos da xestión e control dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros trescentos sesenta e cinco días da súa duración, xunto coas consecuencias que traerá para o conxunto da clase traballadora. A preocupación pola redución continuada de recursos económicos e de persoal técnico que está a sufrir o ISSGA (Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral); a sentenza que estimou o recurso interposto pola CIG contra a resolución do Secretario de Estado da Seguridade Social que fixaba os obxectivos de xestión para o ano 2011, e que servían de base para o cobro do complemento de produtividade dos médicos do ISM; o radón, a web www.cigsaudelaboral.org e as últimas publicacións sobre risco químico elaboradas polo Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral, completan o boletín.
Medio ambiente
16/05/2013
O Congreso dos Deputados aprobou de forma definitiva a Lei de protección e uso sustentable do litoral e de modificación da Lei 22/1988, de 28 de xullo de Costas. A Lei estrutúrase en dous grandes bloques, o primeiro implica unha modificación parcial e profunda da Lei 22/1988, de 28 de xullo, de Costas, e o segundo establece o novo réxime de prórroga extraordinaria e selectiva das concesións outorgadas ao amparo da lexislación anterior, e un conxunto heteroxéneo de disposicións que complementan á modificación da Lei de Costas.
SAÚDE
15/05/2013
Francia confirmou o domingo un segundo caso dun novo virus respiratorio mortal relacionado coa síndrome respiratoria aguda severa, ao tempo que as autoridades intensificaron a súa campaña para informar a poboación sobre como evitar a enfermidade e detectar os síntomas.
SAÚDE LABORAL
14/05/2013
A Organización Internacional do Traballo (OIT) estima que cada ano morren no mundo 2,02 millóns de persoas por enfermidades profesionais, o que supón unha media de máis de 5.500 mortes diarias por esta causa.
SAÚDE
15/05/2013
A contaminación do aire no interior dos edificios converteuse nun problema de saúde ambiental de primeira orde, xa que podería estar relacionada con enfermidades respiratorias como a asma. Para abordar esta cuestión púxose en marcha un estudo europeo. Adoita apuntarse á contaminación do aire exterior como causa de moitos problemas relacionados coa asma, pero, con motivo do «Día Mundial da Asma», analizáronse os perigos do aire interior.
INSHT
13/05/2013
A temática psicosocial é unha das máis relevantes do momento. A presente publicación aborda, en formato pregunta-resposta, unha serie de cuestións frecuentemente formuladas ao INSHT polos técnicos de prevención sobre como desenvolver as avaliacións deste tipo de factores de risco e as súas correspondentes orientacións de resolución.
IGUALDADE
09/05/2013
Máis da metade das nais e os pais cun emprego remunerado fóra de casa recoñecen que lles custa conciliar a súa faceta profesional coa súa vida familiar, en especial no que concirne á educación dos seus fillos, segundo se desprende dun informe elaborado en Estados Unidos polo Pew Research Center.
MEDIO AMBIENTE
14/05/2013
A Unión Internacional de Conservación da Natureza (UICN) desenvolveu un novo estándar, La Lista Vermella de Ecosistemas, para establecer os riscos ambientais e coñecer o estado de conservación dos ecosistemas de todo o mundo antes de 2025.
MEDIO AMBIENTE
13/05/2013
O proxecto EUCAARI ("European Integrated Project on Aerosol Cloud Climate and Air Quality Interactions") proporcionou unha nova perspectiva sobre o xeito en que os aerosois afectan ao balance radioactivo do planeta.
EU-OSHA
09/05/2013
A metade dos traballadores do conxunto de Europa consideran que a tensión relacionada co traballo é habitual, e catro de cada dez opinan que esta cuestión non se aborda correctamente no seu lugar de traballo.

imprimir











